DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24536

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de Supervisión de Área Funcional.

Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de Supervisión de Área Funcional.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos convocados de Supervisión de Área Funcional na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, aos/ás aspirantes seleccionados/as relacionados no anexo.

Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 14 de abril de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Adxudicación de prazas

Apelidos e nome

DNI

Denominación

Centro/Servizo/Unidade

Gago Bravo, María

***8224**

Supervisión Área Funcional Servizos Centrais Médicos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

Rodríguez Corte, Jesús

***0884**

Supervisión Área Funcional Recursos Humanos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

(Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés)

Morigosa Galiano,

Mª Concepción

***9452***

Supervisión Área Funcional Coordinación Atención

Hospitalaria e Atención Primaria

Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés

(*) Ocultase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.