Na sesión que tivo lugar o 16 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a dita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025
Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal
ANEXO
Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de cociña
|
Nº orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***4557** |
Pereira Romero, Héctor |
Libre |
82,16 |
|
2 |
***2720** |
Fernández Rama, Guadalupe |
Libre |
78,21 |
|
3 |
***8951** |
Cid Mendivil, María Teresa |
Libre |
74,71 |
|
4 |
***4950** |
Mayán López, Bruno |
Libre |
66,18 |
|
5 |
***1031** |
García de Seárez, Felipe Francisco Javier |
Libre |
65,84 |
|
6 |
***4155** |
Matilla Díez, David |
Libre |
65,25 |
|
7 |
***8429** |
Pazo Fernández, Ana Belén |
Libre |
62,11 |
|
8 |
***1828** |
Vázquez Méndez, Silvia |
Libre |
59,78 |
|
9 |
***4829** |
Neira Gómez, Fernando |
Libre |
55,93 |
|
10 |
***5253** |
Losada Contreras, Isidro |
Libre |
55,87 |
|
11 |
***3335** |
Sánchez Carro, María José |
Libre |
54,65 |
|
12 |
***0614** |
Domínguez Couto, Diego |
Libre |
53,9 |
|
13 |
***1628** |
Lage Suárez, María Elena |
Libre |
52,21 |
|
14 |
***4235** |
Darriba Portela, Noelia |
Libre |
52,185 |
