DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a incoación do expediente de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario número 60/2024-CO e quince máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), notifícanselles, ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio, relativos aos expedientes de reclamación de danos e perdas causados ao dominio público viario (clave IFOO008B), (artigo 58 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificado pola Lei 6/2015, do 7 de agosto, que modifica a anterior lei citada e a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

Segundo o artigo 46 da LPACAP, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e a súa constancia, as ditas persoas interesadas deberán comparecer:

No prazo de dez (10) días, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (en diante, BOE).

Na sede deste servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, andar 8º, á norte, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que estas persoas comparecesen, entenderemos producida a notificación desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Durante o prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao que ten efectos esta notificación, as persoas interesadas poderán presentar as alegacións e achegar os documentos que consideren oportunos ante este servizo provincial, de acordo co previsto no artigo 64, terceiro parágrafo da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e nos artigos 76 e 82 da LPACAP.

No mesmo prazo poderán acceder ao contido do expediente e obter as copias correspondentes.

Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia quedará supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 8 de abril de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Estrada

60/2024-CO

B15137961

AC-550, Cee-Ribeira, p.q. 87+050

101/2024-CO

B15420169

AC-542, Betanzos (AC-840)-Mesón do Vento (N-550), p.q. 1+700

186/2024-CO

B70101860

AC-418, Carballo (AG-55)-Malpica, p.q. 12+400

189/2024-CO

00274949F

AC-544, Bertamiráns (AC-543)-Negreira, p.q. 8+000

241/2024-CO

X9415347K

AG-13, O Castelo (VG-1.3)-Santa María de Vigo (A-6), p.q. 6+250

244/2024-CO

A39034657

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 27+700

253/2024-CO

49684210R

AC-552, A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550), p.q. 19+500

272/2024-CO

B09605437

AC-862, Ferrol (rotonda CV M Fomento)-Lím. Prov.-S. Cibrao, p.q. 17+700

310/2024-CO

32402403A

AC-542, Betanzos (AC-840)-Mesón do Vento (N-550), p.q. 8+700

333/2024-CO

32708300T

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 39+000

338/2024-CO

32702225C

AC-115, Fene (N-651)-Xubia (AC-862), p.q. 3+850

358/2024-CO

53303030R

AC-413, Ordes-Carballo, p.q. 27+350, p.q. 4+400

360/2024-CO

33260149X

AG-59, Santiago de Compostela (AP-53)-Pontevea (AC-841), p.q. 4+400

390/2024-CO

33317720N

AG-64, Ferrol (AC-116)-Vilalba (A-8), p.q. 34+800

404/2024-CO

47380307P

AC-840, Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640), p.q. 37+600

643/2024-CO

24400393S

AC-840, Betanzos (AC-542)-L.P.-Agolada (N-640), p.q. 47+550