DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Baralla para a delimitación do solo de núcleo rural tradicional de Carballal (expediente 2024AAE2961).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 9 de abril de 2025 sobre a modificación puntual núm. 4 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Baralla para a delimitación do solo de núcleo rural tradicional de Carballal.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2961).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade