DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica e se revisa a autorización ambiental integrada 2005/0009_NAA/IPPC_009, outorgada a Gestora de Subproductos de Galicia, S.L., para o seu complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano e planta de coincineración (gasificación + combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1, situado no concello de Cerceda (expediente 2024-IPPC-M-140).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano e planta de coincineración (gasificación + combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada e revisión para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Núm. rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009

Localización: concello de Cerceda

Expediente: 2024-IPPC-M-140

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade