BDNS (Identif.): 828593.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/828593
Primeiro. Destinatarios
Alumnado de centros privados concertados, especialmente aquel en situación de vulnerabilidade socioeducativa.
Segundo. Obxecto
A presente orde ten por obxecto regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros con concerto en ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e/ou formación profesional básica para a contratación de profesorado de apoio e reforzo e desenvolvemento do programa PROA+ nos cursos 2024/25 e 2025/26, no marco do Programa de emprego, educación, formación e economía social do Fondo Social Europeo Plus ( FSE+) no período de programación 2021-2027, e proceder á súa convocatoria.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento
O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á partida orzamentaria 07.03.423B.482.0 por un importe máximo de 600.000 € para o ano 2025 e 600.000 para o ano 2026.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes das axudas será dun mes e comezará a computar unha vez transcorridos 8 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
