DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lle notifica á interesada a constitución do depósito do pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Esgos (expediente IN407A 2022/75-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítase a titular do predio relacionado no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, do depósito do pagamento do prezo xusto e xuros de demora acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL813 entre apoios núm. 118-13-5-1 e 118-13-5-4, situada no concello de Esgos.

A persoa titular ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos debe acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que a acredite como titular do predio afectado e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lle ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 10 de abril de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/75-3.

Instalación: regulamentación LMTA VLL813 entre apoios núm. 118-13-5-1 e 118-13-5-4.

Concello: Esgos.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito

2

Balados

32032A017003500000JI

María del Pilar Álvarez

Notificación infrutuosa

2.4.2025