Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 22.1.2025, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Lañas, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/077-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinale.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 10 de abril de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/077-1)
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
1 |
Gallado 15005A039000790000 PY |
Urbana |
María Alonso Areosa |
CT e acceso |
24.99 |
