Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázanse para seren notificadas do acto administrativo sinalado no anexo.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.
Lugo, 10 de abril de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Plan de inspección en materia de seguridade industrial 2024
|
Nº de expediente |
Titular |
Acto administrativo |
|
8684 AT |
Río Fabaíños, S.L. |
Requirimento de documentación |
|
8676 AT |
Gallaecia Delicateseen, S.L. |
Requirimento de documentación |
