En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a documentación relacionada coa solicitude de ampliación da área de explotación da concesión de explotación da sección C) que se describe a seguir:
• Solicitante: Canteras Fernández, S.L. Extracción S. Com, con NIF D32006363.
• Denominación do proxecto: proxecto de explotación ampliación Valdemiguel, nº 4376.
• Recurso: lousa.
• Concello afectado: Carballeda de Valdeorras (Ourense).
• Localización: coordenadas UTM, fuso 29 (ETRS89).
• As coordenadas que definen o perímetro da explotación son as seguintes:
|
Vértice |
UTM X |
UTM Y |
|
1 |
672.602,10 |
4.691.998,96 |
|
2 |
673.271,75 |
4.692.015,50 |
|
3 |
673.274,92 |
4.691.887,49 |
|
4 |
673.574,30 |
4.691.894,87 |
|
5 |
673.737,37 |
4.691.704,37 |
|
6 |
673.747,86 |
4.691.281,87 |
|
7 |
673.306,83 |
4.691.271,17 |
|
8 |
673.326,57 |
4.691.061,83 |
|
9 |
673.417,12 |
4.690.889,97 |
|
10 |
673.190,22 |
4.690.889,73 |
|
11 |
672.947,74 |
4.691.262,04 |
|
12 |
672.827,46 |
4.691.471,23 |
|
13 |
672.819,53 |
4.691.792,23 |
|
14 |
672.739,69 |
4.691.776,71 |
|
15 |
672.670,96 |
4.691.743,50 |
|
16 |
672.624,35 |
4.691.748,69 |
|
17 |
672.640,01 |
4.691.864,52 |
Documentación que se expón:
1. O proxecto de explotación (asinado o 29.8.2024).
2. O estudo de impacto ambiental (asinado o 27.8.2024)
3. O estudo de impacto e integración paisaxística (asinado o 11.9.2024).
4. O plan de restauración (asinado o 22.11.2024).
5. O resumo non técnico (asinado o 22.11.2024).
O que se fai público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar a documentación e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida ampliación de explotación está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Ourense, 15 de abril de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
