DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24595

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 8 das normas subsidiarias de planeamento de Vila de Cruces para a redelimitación do núcleo rural da Contiña.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual núm. 8 das normas subsidiarias de planeamento de Vila de Cruces, para os efectos de redelimitar o núcleo rural da Contiña, parroquia de Larazo.

De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o citado documento aprobado inicialmente e dilixenciado pola Secretaría Xeral Municipal, por un prazo de dous meses, que comezarán a contar a partir da publicación deste anuncio.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón:

https://nextcloud.viladecruces.gal/s/xHsnMdExCToASPQ

Vila de Cruces, 7 de abril de 2025

Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde