DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2025 Páx. 24594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de corrección dun erro producido no anuncio publicado o 15 de abril de 2025 sobre a proposta de estrutura de custos do servizo de limpeza viaria e de recollida de residuos.

Con data do 15 de abril de 2025 publicouse no DOG núm. 73 o anuncio referido.

Unha vez detectado un erro administrativo no parágrafo cuarto do anuncio, debe procederse á súa emenda, no sentido seguinte:

Onde di: «O cálculo do período de recuperación do investimento, ao abeiro do previsto no Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, dá como resultado un período de nove (9) anos…», debe dicir: «O cálculo do período de recuperación do investimento, ao abeiro do previsto no Real decreto 55/2017, do 3 de febreiro, dá como resultado un período de dez (10) anos...».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de abril de 2025

José Manuel Rey Varela
Alcalde