Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 3 de abril de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 879 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 137,21 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Sofía Renda Dios (***4110**).
Nova titular: Rosa María Espiñeira Piñón (***5356**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: a titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou unha copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 4 de abril de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
