DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 25009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de marzo de 2025, da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Santiago de Compostela (expediente DH.W15.105665).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Modesto Aldrey Raíces.

DNI: ***9569**.

Expediente: DH.W15.105665.

Lugar: Fornás.

Parroquia: Aríns (San Martiño).

Concello: Santiago de Compostela.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten no recheo de parte da parcela con referencia catastral 15079A510013530000FR para regularizar e nivelar o terreo e facilitar o acceso a ela desde a pista que linda polo vento sur. Farase un recheo aproximado de 2.850 m³ na parte da parcela situada ao sur do rego de Fornás, e 364 m³ aproximadamente na parte norte dela, deixando os recheos unha distancia mínima de 5,0 m coa beira do rego de Fornás.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro