DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 24933

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2025 pola que se convocan, para a elección de destino definitivo, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 19 e 32 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizados os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 19 e 32 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, e segundo a base V.5 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas categorías 19 e 32 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base V.5 da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución por categorías. As persoas aspirantes elixirán as prazas a categoría a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá pórse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia» ou «Escoller posto».

1º) De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría a que accede. A dita exclusión non suporá dereito a indemnización. O seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo.

2º) De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. Neste punto lémbrase que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021 deberán permanecer en servizo activo na dita categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaron sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da categoría a que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se encontra incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

2. Aspirantes que se encontran na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicaron os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos e renunciar expresamente ao outro, sempre que non se producise aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados. Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro deste punto.

Oitavo. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Relación de aprobados

Categoría 19. Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***1771**

Gómez Tellado, Loreto

Libre

2

***6054**

García-Malvar Suárez, María

Libre

3

***6270**

Barca Ramos, Marta

Libre

4

***6151**

Mayo Fernández, Serafín

Libre

5

***2439**

Ulloa Ballesteros, Irene del Valle

Libre

6

***1106**

García Carbajales, María Carmen

Libre

Categoría 32. Técnico/a superior en centros de arte.

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1

***4328**

Baños Rodríguez, Gema

Libre

2

***1746**

Hermo Martínez, María del Carmen

Libre

3

***2349**

Villar Cerviño, Virginia

Libre

4

***0719**

Labella Lozano, Cecilia Adriana

Libre

5

***9653**

Expósito García, Elena

Libre

6

***5621**

Jácome Feijóo, María Teresa

Libre

7

***0124**

López Morán, Thais

Libre

8

***7263**

Pardo Seoane, Lourdes María

Libre

9

***5196**

Provecho Pérez, María Cruz

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Categoría 19. Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

Observacións

1

MAC030040115001110

Titulado/a superior especialista

MA

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

A Coruña

I

19

Lic./Grao Farmacia

B10 // B11 // B18

2

MAC030040115001105

Titulado/a superior especialista

MA

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña)

Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

A Coruña

I

19

Lic./Grao Farmacia

B10 // B11 // B18

3

SAC030000015770047

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

D. X. de Saúde Pública

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I

19

4

SAC030020127001110

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (Lugo)

Dirección Xeral de Saúde Pública

Lugo

I

19

B10 // B11

5

SAC030000015770046

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

D. X. de Saúde Pública

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I

19

6

SAS030000415770050

Titulado/a superior farmacéutico/a

SA

S. X. de Farmacia

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Santiago de Compostela

I

19

Observacións

Código

Descrición

B10

Complemento salarial de singularidade por perigosidade

B11

Complemento salarial de singularidade por toxicidade

B18

Complemento salarial de singularidade por penosidade

Categoría 32. Técnico/a superior en centros de arte.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Grupo

Categoría

Titulación

1

ED5010000315770111

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

2

ED5010000315770114

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

3

ED5010000315770115

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

4

ED5010000315770118

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

5

ED5010000315770119

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

6

ED5010000315770120

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

7

ED5010000315770110

Técn. rexistro e control científico obras de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

Lic./Grao Historia da Arte

8

ED5010000315770117

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32

9

ED5010000315770116

Técnico/a superior en centros de arte

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

I

32