DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 24993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CT, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/468-4).

A instalación denominada LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CT foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 3 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1, da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 29 de agosto de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Vigo.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, e se informa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Vigo, 4 de abril de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS SDM707 e substitución CT Portoloureiro por CT

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 sub.

1

3624208NG2732S0001QZ

Seixo-Beade

Hrdos. María Camila Iglesias Abalde

CT

16,81

13,39

56,68