DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2025 Páx. 25024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

3.6.2022

7903505NH0280S

Costadal, Lampón (Santiago), Boiro, A Coruña

-

7903505

Josefa López López

19.7.2024

15011A03100600

Ferreiros, Cespón (San Vicenzo), Boiro, A Coruña

031

00600

Andrés Tobío Rivadulla

18/10.2024

7707204NH0270N

Escarabote, Lampón (Santiago), Boiro, A Coruña

-

7707204

Promoplan Lérez, S.L.

27.12.2024

15011A00300027

Chancelas, Abanqueiro (San Cristovo), Boiro, A Coruña

003

00027

Obras Nueva Imagen, S.L.

23.8.2024

7706345NH0270N

Escarabote, Lampón (Santiago), Boiro, A Coruña

-

7706345

En investigación

16.8.2024

15011A00100040

Portomouro, Abanqueiro (San Cristovo), Boiro, A Coruña

001

00040

En investigación

16.8.2024

15011A00100758

Portomouro, Abanqueiro (San Cristovo), Boiro, A Coruña

001

00758

En investigación

10.5.2024

15011A02400104

A Poza, Lampón (Santiago), Boiro, A Coruña

024

00104

En investigación

5.8.2022

9990841NH0199S

Esteiro, Castro (Santa María), Boiro, A Coruña

-

9990841

Promoconfort Galicia, S.L.

Galifar, S.L.

Foelca, S.L.

22.4.2022

9811620NH0291S

Avda. Barraña, Boiro (Santa Eulalia), Boiro. A Coruña

-

9811629

Manuel Piñeiro Blanco

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistiren no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos á que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

3101/2022

7903505NH0280S

0,062

2.056 €

127,472 €

3838/2024

15011A03100600

0,024

2.056 €

49,344 €

5343/2024

7707204NH0270N

0,117

2.056 €

240,552 €

5874/2024

15011A00300027

0,014

2.056 €

28,784 €

3940/2023

7706345NH0270N

0,569

2.056 €

1.169,864 €

4093/2024

15011A00100040

0,139

2.056 €

285,784 €

4093/2024

15011A00100758

0,017

2.056 €

34,952 €

2599/2024

15011A02400104

0,261

2.056 €

536,616 €

4154/2022

9990841NH0199S

0,300

2.056 €

616,800 €

2203/2022

9811620NH0291S

0,089

2.056 €

182,984 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao inicio do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no punto 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Boiro, 6 de abril de 2025

José Ramón Romero García
Alcalde