No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 243, do 16 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a cobertura mediante funcionario/a de carreira dun posto de traballo pertencente ao cadro de persoal funcionario, escala Administración xeral, subescala auxiliar (auxiliar administrativo/a) (subgrupo C2) deste concello, mediante sistema de concurso-oposición. Oferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2021.
Esta praza ten as seguintes características:
|
Servizo/dependencia |
Xerais |
|
Denominación do posto |
Auxiliar administrativo/a |
|
Nomeamento |
Funcionario/a de carreira |
|
Escala |
Auxiliar |
|
Clase/especialidade |
C |
|
Grupo/subgrupo |
C2 |
|
Nivel |
16 |
|
Xornada |
Completa |
|
Complemento específico |
9.454,90 € |
|
Complemento de destino |
5.861,66 € |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica deste concello http://barro.sedelectronica.gal e, se é o caso, no taboleiro de anuncios, para maior difusión.
Barro, 4 de abril de 2025
Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde
