Pola Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 148, do 1 de agosto; BOE Suplemento de notificacións núm. 196, do 14 de agosto, e no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña), acordouse a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Pilar Valles Herrero (ABI/2020/0019).
Aberto o prazo para a presentación de alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que poidan cuestionar a sucesión a favor da Administración autonómica, recibiuse un escrito de presuntos familiares da persoa causante no que alegaban mellor dereito para suceder que o da Comunidade Autónoma, e xuntaban, ademais, a documentación acreditativa do seu parentesco.
Examinado o escrito de alegacións presentado e a documentación unida a el, o Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio emite un informe no que se propón o arquivamento do expediente de declaración por considerar que existen persoas con mellor dereito para herdar.
Dispón o artigo 155.2 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que se acordará o arquivamento do procedemento se a sucesión non procede a favor da Comunidade Autónoma.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no seu título III, así como nos artigos 14 e 16 do Decreto 141/2024, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,
RESOLVO:
Primeiro. Arquivar o procedemento incoado o 16 de xullo de 2024 para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Pilar Valles Herrero, con DNI 32130601S.
Segundo. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por un prazo non inferior a trinta días naturais, no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade co artigo 112 e seguintes da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
