Nas sesións que tiveron lugar o 10 e o 22 de abril de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de febreiro de 2025 (DOG número 39, do 26 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas,
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.4.7 da convocatoria, anular as preguntas números 52, 54, 83 e 108 do primeiro exercicio, realizado o 2 de abril de 2025. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva números 151, 152, 153 e 154.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.3.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dez (10) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada resposta incorrecta se descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
Segundo o disposto na citada base, mediante acordo deste tribunal do 24 de marzo de 2025 establecéronse os seguintes criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio:
– A puntuación máxima do exercicio será de 20 puntos. As regras de puntuación serán as seguintes:
a) Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación.
b) Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
c) As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
– Superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar un número de 75 persoas, sempre e cando, aplicando as regras de puntuación descritas no número 1, obteñan un mínimo de 60 unidades de puntuación.
Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación ao aprobado correspondente á nota de corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de 75 persoas aspirantes indicado.
Para estes efectos, as persoas aspirantes que conserven a nota obtida no primeiro exercicio do proceso selectivo convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño) para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, non computarán no número máximo sinalado no parágrafo primeiro deste punto.
Asignaráselles unha valoración de 10 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 10 e os 20 puntos, proporcional ao número de respostas acertadas. Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.
Feita a corrección na sesión do 22 de abril de 2025, acadaron a puntuación mínima de 60 puntos un total de 38 aspirantes.
Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 2 de abril de 2025 ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica/seccion-procesos-selectivos/
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.4.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2025
Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal
