Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra nos expedientes sancionadores PO-00159-O-2025 e outro máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a finalización do procedemento sancionador.
Pontevedra, 11 de abril de 2025
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-00159-O-2025 C-1790-CD |
Y3226173T |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 2.12.2024; 11.16; PO-510; 0,437 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT |
801 euros |
|
PO-00227-S-2025 4959-BPJ |
53183251Y |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 27.11.2024; 11.30 |
Artigo 140.23 LOTT Artigo 197.26 ROTT |
Artigo 143.1.c) LOTT Artigo 201.h) ROTT Artigo 143.1 LOTT |
2.001 euros |
