DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de sistema de almacenamento BESS-hibridación do parque eólico Malpica, repotenciación de 7 MW, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) (expediente 2024/0282).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 15 de abril de 2025 do proxecto de sistema de almacenamento BESS-hibridación do parque eólico Malpica, repotenciación de 7 MW, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña), promovido por Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas en Santiago de Compostela (rúa San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade