Con data do 7.2.2025 notificáronse os cambios introducidos na relación de bens e dereitos afectados sometida inicialmente a información pública (DOG nº 60, do 28.3.2022) relativos á titularidade e/ou ás afectacións sobre algunhas das parcelas, debido ás modificacións do proxecto derivadas da tramitación.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
|
Núm. parcela |
Interesado/a |
Concello |
Lugar |
Acto que se notifica |
|
191 |
Carril Pedreira Delfín |
Vimianzo |
Fieiteira |
Modificación da RBDA |
