DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 31 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), denominada Trinidad número 257, situada no termo municipal de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia; no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, achegados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), denominada Trinidad número 257, presentada pola promotora Canteras Santa Cecilia, S.L. A dita explotación mineira está situada no termo municipal de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria, e no portal web da dita consellería https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 31 de marzo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo