DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25291

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública de texto inicial de convenio urbanístico (expediente 2025/U039/000003).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 24 de marzo de 2025, acordou aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Carballo e UFD Distribución Electricidad, S.A. para poder desenvolver o Plan especial de reforma interior previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Carballo, denominado PERI-2 «Casas dos Mestres» que foi aprobado definitivamente polo Pleno municipal o 31 de outubro de 2022 (BOP núm. 78, do 25 de abril de 2023). O convenio consiste principalmente na cesión, por parte de Unión Fenosa, da parcela coa referencia catastral 5453502NH2855S, necesaria para a construción do novo equipamento municipal previsto no PERI-2.

Polo que, se somete o texto do dito convenio ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o documento e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento estará á disposición das persoas interesadas na Oficina Técnica Municipal das 10.00 ás 12.30 horas e na sede electrónica deste concello (no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/).

Carballo, 1 de abril de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde