DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2025.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2025, a Xunta de Goberno Local adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Caldas de Reis para o ano 2025, en cumprimento do establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; no texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP); na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e dos límites fixados na Lei 31/2023, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (prorrogada ao exercicio 2025, en cumprimento do artigo 134 da Constitución española), nos termos establecidos no anexo I.

Publicar a oferta de emprego de 2025 no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica deste concello, no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Praza

Código da praza
na RPT

Sistema de acceso

Vínculo da praza

1

Policía local

04.00.00.09

Oposición

Funcionario/a

1

Técnico da Administración xeral

01.00.00.02

Concurso-oposición

Funcionario/a

Segundo. De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 e xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou, ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpor un recurso de reposición, non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta ou a súa desestimación tácita, que se producirá no prazo de seis meses se non se resolve o recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo de que interpoña calquera outro que considere procedente.

Caldas de Reis, 8 de abril de 2025

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente