No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 59, do 27 de marzo de 2025 publicáronse a convocatoria e as bases que rexerán a cobertura da seguinte praza vacante, inlcuída na oferta de emprego público do Concello de Bueu para 2024:
Denominación: técnico/a da Administración xeral e contratación pública. Sistema de provisión: oposición libre. grupo A, subgrupo A1.
Solicitudes: presentaranse no modelo tipo que figura como anexo I das bases da convocatoria, na forma establecida no artigo 16 da LPACAP.
Prazo de presentación: vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Os restantes e sucesivos anuncios inseriranse no taboleiro de anuncios electrónico e na web municipais, agás as resolucións de aprobación da lista provisional e a definitiva de admitidos (que incluirán o nomeamento e a convocatoria do tribunal), con publicación tamén no BOP, así como a resolución de finalización do proceso e o nomeamento da persoa aspirante seleccionada, que tamén se publicará no BOP e no DOG.
Bueu, 3 de abril de 2025
Félix Juncal Novas
Alcalde
