DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de limpador/a a xornada parcial.

Convócase unha praza de limpador/a a xornada parcial, en réxime de persoal laboral fixo, por concurso, incluída no proceso de estabilización de emprego temporal (oferta de emprego público de 2022) que quedou vacante tras a tramitación do correspondente proceso selectivo.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18.12.2024, acordouse aprobar unha nova convocatoria para o posto de limpiador/a, a xornada parcial, incluída no procedemento de estabilización de emprego temporal, no marco xeral de execución da oferta pública de emprego extraordinaria correspondente ao exercicio do ano 2022, por quedar vacante.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 42, do 20.2.2023, así como no taboleiro de edictos da sede electrónica do Concello e na páxina web municipal, publicáronse integramente as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Baleira, que rexerán a nova convocatoria do proceso selectivo.

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando así procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Baleira, 1 de abril de 2025

Ángel Enrique Martínez-Puga López
Alcalde