DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2025, do Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Valga (expediente DH.W36.107910).

En cumprimento do previsto nos artigos 78.ter.2.a) e 53.3.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Concello de Valga.

DNI: ****5600*.

Expediente: DH.W36.107910.

Lugar: lagoa de Porto Piñeiro.

Parroquia: Campaña (Santa Cristina).

Concello: Valga.

Descrición das actuacións:

As obras consisten no desvío do rego que accede polo sur á lagoa oeste de Porto Piñeiro, a través dunha nova canalización pola marxe oeste desta que se executará en sección rectangular de formigón armado, de xeito que se traslade o trazado do rego a esta nova localización.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro