En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: As Travesas Agropecuarias, S.L.
CIF: ****2493**.
Expediente: DH.A15.101238.
Volume total anual: 17.571,10 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 3,33 l/s.
Orixe: X=552.984; Y=4.781.080.
(coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: As Travesas.
Parroquia: Beira (Santa Mariña).
Concello: Carral (A Coruña).
Destino: gandeiro e doméstico.
Lugar: As Travesas.
Parroquia: Beira (Santa Mariña).
Concello: Carral (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase dunha captación dun pozo e bombéase a auga cara a un depósito de formigón e outro depósito de fibra de vidro para uso nunhas instalacións gandeiras de gando vacún e uso doméstico para os vestiarios e aseos dos traballadores da devandita explotación. Todas as instalacións están na parcela 15021A025005860000RS.
A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, 15008 A Coruña (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 22 de novembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
