DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2025 Páx. 25274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 20 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boiro (expediente DH.A15.96918).

Advertido un erro no anuncio polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Boiro (expediente DH.A15.96918), publicado no DOG núm. 244, do 27 de decembro de 2023, na súa páxina 70891, cómpre efectuar as seguintes correccións.

Onde di: «...captación de dous mananciais, na parcela de referencia catastral 15011A024003770000XR...», debe dicir: «captación dun manancial, nas parcelas de referencia catastral 15011A024003770000XR e 15011A068010920000XY».

Onde di: «...no segundo caso mediante un pozo que capta outro manancial situado a uns 296 m...», debe dicir: «...no segundo, mediante un pozo que capta outro manancial nas coordenadas UTM X=507.079,80 Y=4.722.768,60...».