Anúncianse as bases para a selección e a contratación de persoal laboral consistente na selección de dous postos de persoal investigador predoutoral, titulado de grao superior universitario (grupo I-categoría IV) en Ciencias Biolóxicas ou Enxeñaría Agronómica, e cun máster en Agronomía, Xenética, Biotecnoloxía ou equivalente, no marco do Acordo de programa de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e a empresa Cosecha de Galicia, S.L., titulado Innovación en cultivos de interese para a utilización como materias primas en bebidas, para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), nas seguintes especialidades:
Posto 1: persoal investigador predoutoral en formación na área de protección de cultivos, caracterización cualitativa e técnicas de produción agronómica nos cultivos de lúpulo e mazá de sidra.
Posto 2: persoal investigador predoutoral en formación na área de técnicas de produción agronómica e caracterización cualitativa de novas variedades de cereais e avaliación de novos cultivos para a elaboración de cervexa.
O prazo de presentación das solicitudes será de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia. Terán o carácter de días inhábiles os sábados, os domingos e os festivos locais, autonómicos e nacionais. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/persoal
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
