DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25371

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 (DOG número 231, do 5 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 apróbase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Á vista das alegacións presentadas e logo de comprobar as confusións ocasionadas no procedemento de inscrición debido á coincidencia simultánea de varios procedementos de mobilidade e á descrición incompleta deste no soporte informativo utilizado, obsérvase a necesidade de garantir a participación nel daquelas persoas aspirantes que, coas súas actuacións, manifestaron a súa intención de facelo.

Tendo en conta o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que recoñece o dereito das persoas solicitantes a corrixir erros ou a emendar deficiencias nas solicitudes presentadas, examináronse as reclamación presentadas ás listas de admitidos e excluídos.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Modificar a Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais (DOG número 41, do 28 de febreiro).

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>. A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

Aquelas persoas que non figuren na relación de persoas admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda ou reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

As persoas solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que foron motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Barrio

Calderón

Manuel

***3609**

32, 57, 84

Casas

López

Segundo Pedro

***4459**

12, 112

Castro

García

Ana Belén

***6208**

12, 40

Cortes

Rebollido

Clara María

***5258**

4

Gómez

Fernández

Pedro

***9422**

32, 57, 84

González

González

Gustavo

***0250**

40

González

Santiago

José Luis

***6108**

55, 114

Lomba

Domínguez

Antonio

***9255**

32, 57, 84

Losada

Arca

Jesús María

***2176**

10, 12

Novo

Álvarez

Juan Antonio

***5494**

32, 57, 84

Orbán

Da Silva

Diego

***7882**

10, 12

Pereira

Fresco

Alfredo

***6706**

32, 57, 84

Poncelas

Méndez

Eduardo

***7459**

32, 57, 84

Rocha

Arrue

José Carlos

***4101**

32, 57, 84

Rodríguez

López

José Amador

***6672**

32, 57, 84

Rodríguez

López

María del Carmen

***1116**

40

Rodríguez

Varela

José Manuel

***3135**

32, 57, 84

Torres

Abal

Manuel

***8326**

32, 57, 84

Vilas

López

Xoán Ramón

***7658**

4

Relación das causas de exclusión

Cód. da causa

Causa de exclusión

4

Falta de nomeamento para o corpo/categoría desde o/a cal concursa

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada

12

Corpo/escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de Admón. non corresponde aos do concurso

32

Menos de 2 anos de desenvolvemento do posto con carácter definitivo

40

Non pertence ao corpo/escala na data de fin de méritos

55

Non reunir os requisitos exixidos na base I da convocatoria

57

Persoal funcionario en destino provisional, sen destino definitivo

84

Nomeamento provisional no seu proceso selectivo

112

O concurso non está aberto ao seu corpo ou Administración

114

Falta ou non é válida a documentación de xustificación da solicitude condicionada