A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 31/2025 contra a Resolución do 5 de novembro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes (DOG núm. 216, do 8 de novembro), en relación co proceso convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro).
O recurso interponse exclusivamente fronte ao carácter provisional do destino adxudicado.
O devandito procedemento xudicial pode afectar non só as persoas participantes nos mencionados procesos selectivos, senón tamén a aquelas que participen no concurso de traslados da mesma escala e especialidade.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
