DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25305

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2025/26.

Co obxecto de realizar a convocatoria de autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2025/26, esta dirección xeral resolve anunciar:

Primeiro. Que a regulación e a convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2025/26 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2025.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa