DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2025/1090-1 e tres máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerarán desistidas da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 2 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2025/1090-1

79323516N

Requirimento da emenda da solicitude

3.3.2025

2024/11979-1

34540990G

Requirimento da emenda da solicitude

5.3.2025

2025/0743-1

Z1791968C

Requirimento da emenda da solicitude

19.2.2025

2024/11578-1

32760778S

Requirimento da emenda da solicitude

5.3.2025