DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente BS611A 2024/9041-1.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase, para proceder á notificación da resolución da reclamación previa, a persoa interesada que se sinala no anexo ou o seu representante debidamente acreditado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ou a súa representante debidamente acreditada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra a resolución que se notifica, se poderá interpoñer a demanda, ante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación da dita resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 2 de abril de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa
interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/9041-1

32823827K

Resolución desestimatoria da reclamación

19.2.2025