De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que figuran no anexo as resolucións que se ditaron nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.
Os expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, en Gregorio Hernández, 2-1º andar, onde as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, da Lei de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos, en caso de oposición a dita resolución administrativa, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
A Coruña, 28 de marzo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº de expte. |
Persoas |
Data da |
Efectos da resolución |
|
2025/2/15 |
53484338T, |
3.2.2025 |
Establecemento de medida administrativa |
|
2020/49/15 |
46900924Z |
1.4.2025 |
Establecemento de medida administrativa |
