DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e á retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza ás persoas titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación á cal se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. catastral

Titular

Acto notificado

2025/V001/000003

15009A501012880000WY

Díaz Rodríguez, Manuela (Herdeiros de)

Requirimento de limpeza de parcela

2025/V001/000004

15009A009008770000ER

Moure, Luis

Requirimento de limpeza de parcela

2025/V001/000004

15009A009008780000ED

Buyo Naveira, Francisco (Herdeiros de)

Requirimento de limpeza de parcela

2025/V001/000011

15009A004008850000EB

Núñez Corral, Agustín

(Herdeiros de)

Requirimento de limpeza de parcela

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no número 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 8 de abril de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa