DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección de nove prazas de persoal auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia número 235, do 5 de decembro de 2024, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de nove prazas de persoal auxiliar administrativo.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 19 de marzo de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística