DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2025 Páx. 25558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilarmaior

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, da parcela con referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que a totalidade do expediente administrativo está á súa disposición para o seu exame e coñecemento, nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Referencia catastral

Titular

15092A023018170000BR

En investigación

Vilarmaior, 9 de abril de 2025

Carlos Vázquez Quintián
Alcalde