De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0052/2025-V e sete máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 16 de abril de 2025
A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que |
Enderezo |
|
PSC-FE-0052/2025-V |
32665890W |
Inicio |
Rúa Peteiro, nº 59, planta baixa, Mugardos |
|
PSC-FE-0071/2025-V |
47435871G |
Inicio |
Lugar Vilachán, nº 7, Morquintián, Muxía |
|
PSC-FE-0072/2025-V |
52930987Y |
Inicio |
r/ Visitación, nº 2, 3º B, Porto do Son |
|
PSC-FE-0073/2025-PPM |
33291715C |
Inicio |
r/ Visitación, nº 2, 3º B, Porto do Son |
|
PSC-FE-0074/2025-PPM |
52930965F |
Inicio |
Rúa Visitación, Edificio La Fuente, nº 2, 3º B, Porto do Son |
|
PSC-FE-0084/2025-V |
53480846G |
Inicio |
r/ Dorna, nº 35, Taragoña, Rianxo |
|
PSC-FE-0090/2025-PPM |
45954919E |
Inicio |
r/ Galerías Santa Margarita, nº 2, 5º esq., A Coruña |
|
PSC-FE-0101/2025-PPM |
X1671271E |
Inicio |
Avenida Ponte Pasaxe, nº 71, As Xubias, Oza, A Coruña |
