De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0200/2024-TRA e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado dito o prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.
A Coruña, 16 de abril de 2025
A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-FE-0200/2024-TRA |
32595567J |
Resolución |
R/ Barcias, nº 21, O Seixo, Mugardos |
|
PSC-FE-0220/2024-PPM |
47437216S |
Resolución |
R/ Rolda de Nelle, nº 126, 6º D, A Coruña |
|
PSC-FE-0221/2024-PPM |
53486458G |
Resolución |
Sandrenzo, Cespón, nº 59, Boiro |
|
PSC-FE-0246/2024-PPM |
45954919E |
Resolución |
R/ Galerías Santa Margarita, nº 2, 5º esq., A Coruña |
|
PSC-FE-0317/2024-PPM |
51295165J |
Resolución |
Lugar O Portiño, nº 1, baixo dta., A Coruña |
