En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Taller García Otero, S.L.
NIF: B70086186.
Expediente: DH.V15.107629.
Lugar: Batáns, 10, Bertamiráns.
Parroquia: Ortoño.
Concello: Ames.
Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 316,06 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=529.867; Y=4.745.654.
Medio receptor 1: infiltración no terreo (cunca do río Ulla).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais son tratadas nun separador de graxas seguido dun separador de hidrocarburos de clase I, e vértese o efluente depurado por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante.
Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.
Caudal máximo anual 2: 262,80 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=529.872; Y=4.745.651.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (cunca do río Ulla).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais fecais son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 5 habitantes equivalentes, e vértense o efluente depurado por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
