Expediente: IN407A 2023/240-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: soterramento da LMT CRN708A e substitución do CT Sequeiros (15CIBO).
Concello: Valdoviño.
Feitos:
1. O día 3.5.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada co obxecto de optimizar a configuración da rede en media tensión (MT) condicionada pola existencia de prohibicións na contorna que impiden a reforma en aéreo.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Soterramento da LMT CRN708A e substitución do CT Sequeiros (15CIBO), que comprende os seguintes documentos:
1. Proxecto de execución denominado Soterramento da LMT CRN708A e substitución do CT Sequeiros (15CIBO), asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo, o 28.2.2023.
2. Anexo I, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo, o 21.9.2023.
3. Anexo II, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo, o 15.11.2024.
E a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 5.12.2023.
• BOP: 16.11.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 31.10.2023 Ed. Ferrol.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 14.2.2024.
3. O 22.1.2024 a empresa promotora achega un escrito no que manifesta que, despois de novas xestións realizadas, emenda os datos de propiedade da parcela nº 1 que figuraba na relación de bens e dereitos afectados do anexo do Acordo da Xefatura Territorial da Coruña polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Ares. A nova relación de bens e dereitos afectados é a que figura como anexo a esta resolución e na que figura a parcela nº 1 con datos de propietario/a descoñecido.
4. Conforme o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Axencia Galega de Infraestruturas, Medio Rural, Augas de Galicia e Concello de Valdoviño. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 24.3.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Carreira, no concello de Valdoviño, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Desconexión e desmontaxe do treito aéreo da liña CRN-708A autorizado no expediente 8.167, de alimentación ao CT Sequeiros, de 800 metros de lonxitude en condutores tipo AL-D-70 e LA-110, coa orixe no apoio metálico tipo FL-C-2000/14-(PA/S) (matrícula: AS1RAQ2J) e remate no CT Sequeiros. Esta operación implica a retirada dos nove (9) apoios de formigón nº 49, nº 50, nº 51, nº 52, nº 53, nº 54, nº 55, nº 56 e nº 57 sobre os que se atopa tendido actualmente.
– Desconexión e desmontaxe do treito soterrado da liña CRN-708A autorizado no expediente IN407A 2000/170-1, de alimentación ao CT As Palmeiras (matrícula: 15CMS6), de 255 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x95 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) existente no apoio metálico tipo FL-C-2000/14-(PA/S) (matrícula: AS1RAQ2J) para substituír e remate en cela de liña do CT As Palmeiras.
– Substitución, respectando o seu actual emprazamento e sen alterar a traza aérea da LMT CRN-708A do apoio con matrícula AS1RAQ2J anterior, por un novo apoio metálico tipo FL-C-4500/14-H35-CA(CS), no que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e que se identificará como apoio Pro-1.
– Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT Sequeiros (expedientes 30.063 e IN407A 2016/1568-1 / matrícula: 15CIB0) de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e unha configuración de celas 3L+1P.
– En substitución do CT Sequeiros que se vai desmantelar, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (unha de reserva) e equipamento de telecontrol e telexestión, para instalar na parcela con referencia catastral 15088A503009840000GM sita no lugar de Carreira.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 1.409 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio Pro-1 e remate en empalmes MT para realizar diante do CT Sequeiros que se vai desmantelar sobre a LMTS CRN-708A existente, tras entrar e saír no CT As Palmeiras e no novo CT proxectado.
4. Do visto na visita realizada o 13.11.2024 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real Decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia o interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 9 de abril de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Valdoviño
Soterramento da LMT CRN-708A e substitución doCT Sequeiros (15CIB0)
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecido |
15088A503010190000GP |
Novelido |
Novo apoio Pro-1 |
2 |
Rústico. Agrario |
||
|
2 |
María José Ramos Fraga |
15088A503009840000GM |
Anella |
CT |
16,81 |
Rústico. Agrario |
||
