DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2025 Páx. 25716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2024/276 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: 92146 Var. ADIF MON-Lugo, p.q. 435+360 R. Servizos de media tensión e centro de transformación.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada a 20 kV Gándaras, 1, tramo sub. Ceao, CT 3625 Gándaras, 1, consistente no desprazamento de 90 metros de condutor desde unha arqueta existente (punto 1), o cal se conecta nunha cela de liña do CT proxectado rúa Monte da Casilla, novo tendido de LMT Gándaras, 1, con orixe nunha cela de liña do CT proxectado rúa Monte da Casilla e final nun empalme proxectado na arqueta existente (punto 1), cunha lonxitude de 180 metros en condutor tipo RHZ1-400 mm.

• CT prefabricado rúa Monte da Casilla, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe de 250 metros de LMT soterrada, 160 metros de LMT aérea, tres apoios de celosía e desmontaxe do CTI 8120 Camiño de Mazoi.

Finalidade da instalación: mellora da instalación.

Orzamento: 80.466,09 €.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 22 de abril de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo