Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: 76939, C. do Cristo, B; km 619; recarga, liña de media tensión e centro de transformación.
Situación: concello de Vilalba.
Características técnicas principais:
• Liña aérea a 20 kV a CT Goiriz, con orixe no apoio existente P4 da LMT aérea a CT Goiriz e final no apoio proxectado P6 tipo C-3000/16, cunha lonxitude de 290 metros en condutor tipo LA-56.
• Liña soterrada a 20 kV a CT prefabricado Goiriz, con orixe nun PAS situado no apoio proxectado P6 e final no CT proxectado Goiriz, cunha lonxitude de 32 metros de condutor tipo HEPRZ1_150.
• CT prefabricado Goiriz, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 368 metros de LMT aérea, dous apoios de celosía e desmontaxe do CTI 10188 Goiriz.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 71.181,64 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Vilalba.
• Separata para a Consellería de Cultura.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das condicións seguintes:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e as directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 22 de abril de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
