DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2025 Páx. 25699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/467-1).

Expediente: IN407A 2023/467-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: substitución dos apoios 9HDI5C22//130 e 9HH0DA6F//131 en LMT POT803 e instalación de ITC.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1. O día 23.10.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor duns apoios da liña de distribución de media tensión LMT POT803 (IN407A 2016/2399-1), procedente da subestación Pontella, no lugar de Beba, parroquia de Beba (San Xián), concello de Mazaricos, que non son capaces de soportar os esforzos, proxéctase a substitución de dous apoios de formigón por uns de tipo metálico, a do condutor de dous vans e a instalación dun interruptor telecontrolado.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Substitución dos apoios 9HDI5C22//130 e 9HH0DA6F//131 en LMT POT803 e instalación de ITC, asinado o día 8.9.2023 por Herminia López Caamaño, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº de colexiada 4.598 de Vigo, anexo asinado o 2.9.2024 por Rubén Maceiras Sánchez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade electrónica industrial, nº de colexiado 3.191 do Coeticor, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 6.6.2024.

• BOP: 21.5.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 20.6.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 30.7.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Conforme o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos, Servizo de Infraestruturas Agrarias e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 26.3.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Beba, parroquia de Beba (San Xián), concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución de condutor no tramo LMTA (POT8030771) a 20 kV, de 181 m, condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no apoio nº 9HDI5C22//130 existente tipo HV-630/12 para substituir por tipo C-1000/14, da LMT POT803 (IN407A 2016/2399-1), procedente da subestación Pontella, e remate no apoio nº 9HH0DA6F//131 existente tipo HV-630/11 para substituir por tipo C-2000/16 (frecuentado). Retensado dos vans adxacentes.

• Instalación de interruptor telecontrolado (ITC) no apoio nº 131 existente para substituír.

• Substitución de condutor no tramo LMTA (LMT derivada a CT C. González (15PZC9)) a 20 kV, de 15 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9HH0DA6F//131 para substituír e remate no apoio nº 9HH5LDIG//131-1 tipo HV-630/11.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Conforme con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia do interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Substitución dos apoios 9HDI5C22//130 e 9HH0DA6F//131 na LMT POT-803 e instalación de ITC (Mazaricos)

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de pleno dominio

(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

1

Juan Ventura Lado Albela

15046A507000380000PZ

Barreiros

Novo apoio nº 130

1,44

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

2

Maximiliano Albite Lage

15046A507000020000PI

Riba da Fonte

Novo apoio nº 131

1,69

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío de

secaño