No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 237, do 10 de decembro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de auxiliar administrativo/a da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, nivel 18 de complemento de destino, polo sistema de oposición, incluída na oferta de emprego público do ano 2022 do Concello de Culleredo, publicada no BOP da Coruña núm. 245, do 28 de decembro.
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Culleredo, 28 de abril de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior
