A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 9 de abril de 2025, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para a obtención dos terreos afectados polo Plan xeral de ordenación municipal na actuación denominada Proxecto de expropiación para a execución do proxecto técnico de Rede de saneamento e EDAR na Esquipa, segundo o proxecto expropiatorio redactado para ese efecto.
O proxecto de expropiación sométese a información publica polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.
A Laracha, 9 de abril de 2025
José Manuel López Varela
Alcalde
